domingo, 6 de noviembre de 2016

Crematorio.

Amor global gravitacional. Un. 
Dividido en pedaciños no todo.
Panacea.
Brasas para quecerse por dentro.  
Un tesouro. O máis prezado. 
Dividido para toda a palpitación vital.
Destinatarios da forza motriz 
que rexidora do instinto. 

Raio de Zeus lanzado, 
parte o peito, 
deixa trastorno retardado de bipolaridade.
Corazón en chamas. Consumíndose. 
Con chamas inmensas. 
Un garabato de tinta negra
con haz de revulsivilidade 
sobre un lenzo nú. 

Riqueza maior,
riqueza bela,
bela esperanza,
esperanza agasallada,
agasallo agridoce,
agridoce ansiedade,
ansiedade vital
e vital sentimento. 

Intercambio, fundición, mestizaxe.
Para que a pel dos individuos
se pegue con suor pirotécnico
en noites de lúa chea e mañás nubosas. 


Ese foi o botín recibido. 
E dispostos estamos sempre
ao intercambio de bens e servizos.
Fundindo un corazón en chamas,
cun peito por un raio partido.
Dúas cargas, positiva e negativa
dentro do lume da bipolaridade. 
Dispostos aos rabuñazos,
mutilacións e abortos sen sentido. 

E cando o monóxido de carbono
termine de irrigarnos,
por completo calcinarnos, carbonizarnos, 
atoparémonos tamén novos e osixenados.
Ousados para reducirnos a cinzas 
unha vez fallando,
outra vez decepcionando,
diversas veces canso, magoado, traizoado.
Pero sen deixar de caer na próxima outra vez. 

E así, a outra vez, 
será un eco do que foi 
e así será, sendo sucesivamente. 










No hay comentarios:

Publicar un comentario