domingo, 20 de noviembre de 2016

Mais aló dos incendios.

E cómo falar sobre
as longas noites
loitando.
Santa Teresa aguantou
o éxtase
pero esclaviceime ante el.

Cómo falar de
que son nitróxeno
entrando en combustión
co osíxeno que rezuma
das túas entrañas,
enredadeiras toman vida
e envolven os nosos corpos.

E cae o aguaceiro.

Primeiro leve, 
despois
queima.
Pegadas fantasmas
vanse disipando,
disipando como 
a néboa da mañá marcha
cos raios do sol,
disipando o meu peito,
disipando por dentro. 
Alquimia alfareira,
brotan as flores
e os seus pétalos 
brillan con metálicos cores. 

Comezan os números
de equilibrio,
e atrévome a levantar lixeiramente
con estupor o pé dereito. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario