viernes, 25 de noviembre de 2016

Apocalipse.

E quen é en verdade
o que me pode asegurar
que no final dos tempos 
chegará un mar de nubes
da cor do magma volcánico
e prediccións tormentosas?
Que non chegará coa 
morte das magnolias?
Que o ceo non brillará, pálido e celeste,
nese instante de éxtase mortal 
e o sol destellará coa mesma forza
que a marea bate nas rochas? 

Que en lugar de catro cabaleiros
aos lomos das súas morrudas bestas,
chegarán, en tropel, unha desbandada
de bolboretas con cores vívidas 
e mortífero arrecendo.
Que non tremerá esta terra 
a niveis inesperados para Richter
senón que o ceo removerá tímidamente
as copas das árbores 
e a chuvia bicará a nosa pel
tecendo con panos líquidos
a mortalla que vestiremos
no ruxido final
destes corazóns que buscan
unha pausa para tanta actividade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario