Estou infectado. O meu sistema circulatorio está inundado por un virus pululento que está enchendo de chagas todo o meu corpo. Máncame este virus e a súa forma de mallar en min. Carcómeme ata o mais profundo do meu ser. Un virus que, inxectado a calzador, expandéuseme por todo o meu sistema nervioso, aparato dixestivo, sistema locomotor... Este virus acompáñame dende xa fai tempo e, mais ansioso que desesperado, estoulle buscando unha cura.
Ou mais ben, un alivio, un haz de luz da escuridade que me acompaña. Trastócame a vista e inutiliza o resto dos meus sentidos. Cheguei a elaborar pócemas máxicas que o depurasen, pero as probas foron totalmente insatisfactorias. Posiblemente as misturas que teño feito tiñan unha mala proporción dos ingredientes necesarios... Ou directamente os ingredientes utilizados están mal escollidos. Se tan só contase cunha pequena axuda para extirpalo e sanarme! Aínda que fose simplemente nunha mínima parte!
Isto non é mais que unha regurxitación da mala bile que teño acumulada, que evito vomitar por se contén acetona ou outro tipo de disolvente que cause estragos no seu radio de expulsión. Este virus non é mais que unha idea... Unha puta idea! Un conxunto delas, mais ben, que están determinando como vai todo ao meu redor. Estoy consumido por elas e canto mais consciente son da súa existencia, mais afundido estou.
E non, isto non é un fodido alegato sobre que estou medio tolo ou que todo o que me rodea é unha merda. Non.
Podería facer agora mesmo unha larga lista de moitas cousas que me rodean que son putamente fermosas: cervexas con amigos, sonrisas sinceiras, música en todas partes, risas que dan a vida e fieis escudeiros ata a morte. Son incontables cousas, soños, esperanzas as que fan a un sacar cada mañá os pes da cama, para avanzar por este raro camiño a recorrer, que é a vida. Para loitar armado con coitelos ata os dentes en todas e cada unha das batallas que non propón, por moi interminables que nos parezan. E, por tanto, sei que atoparei a cura deste virus de merda. Porque nalgures está esperando por min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario