domingo, 22 de mayo de 2016

#3

Dame medo,
Saber que todo camiño 
ten fin.
Que nalgún momento...
O meu camiño ten fin.
Que nalgún momento
indefinido
ten fin.

Córtaseme a respiración
cada vez que penso
que nalgún momento
todo o que escoito,
o que saboreo
ou o que vexo, van desaparecer. 

Angústiame saber que dende que o meu 
camiño comezou
xa teño un destino predeterminado.
A escuridade? A luz? 
NS/NC...

Porque sei que xa, nese momento
descoñecido, que pode chegar 
por cirrose, 
enfermidades sexuais,
accidentes domésticos,
suporá un GAME OVER.

Mentras que eu, no resto das 
facetas da miña vida
neste camiño,
merecería, por algún estrano motivo
reiniciar a partida. 

Coma todos, imaxino.

Para que nalgún momento,
usando combinacións de xogadas 
estratéxicas,
nos convertísemos en
magos encantadores,
en heroes, deuses...
Os seres magnánimos que 
todos merecemos ser. 

Así que, neste momento,
reiniciemos a partida. 
Rebelémonos contra este tirano xogo.
Poñamos o contador que nós mesmos
facemos que avance de maneira perpetua,
a cámara rápida,
veloz como un raio,
e xoguemos para gañar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario