viernes, 24 de febrero de 2017

Espalda con(tra) espalda.

Que non vos mintan: 
nin os mais malos agóchanse no nocturno oscuro,
nin os bos evitan o traxe de luto.
Que a felicidade da primaveira é unha merda consumista
e o outono non so é unha flor murcha e esquecida.
Que non vos digan que non choredes, 
pois nas bágoas está a redención que merecedes.
Que non vos usurpen a liberdade de berrar
de cantar e de bailar,
pois na música e na loita están as ganas de festexar.
Que non vos limiten as vosas ansias de soñar,
pois elas levaranvos fulgurosamente ata onde desexades estar.

E se a esperanza está colgada do fío máis fino
que podedes atopar,
asegurádevos de que as tesoiras que o poidan cortar
teñan a súa folla desgastada de non podelas usar. 
E se vos, que me escoitades, queredes comigo brindar
non dubidedes que ao voso lado ei de estar. 

Compadre, ti -entre moitos outros- que ao meu carón te atopas,
que son fráxil e rochoso, esa idea non pervertas.
Pois non me esquecerei de que se me fodes
eu pódote foder a ti tamén. 
E se queres abrazarme, abrazareite tamén. 
E tamén chorarei, se ti me fallas desta vez. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario