Difícil describir
cando puideches sentir
por unha vez que
os arrepíos non tiñan
forma de etéreo elixir.
Chegaron en forma de
leve descarga eléctrica
dende as fosas mais profundas
onde os pes se acomodaron
sobre agochada terra.
Que nin floto de chuvasco en chuvasco
nin cabalgo sen disolverme
na carroza de Helios.
Mais si enrédome
profundizo
simbiótico con vermes
enraizándome cor madeira,
sobre agochada terra.
Perdín a liviandade asintomática
que me obrigaba - cobarde -
a precisar de clausurar a miña
misión aeroespacial
para ser dente de león
e así, sobre agochada terra,
puiden voar e quizáis,
só quizáis,
non ter tanto medo de
golpear os fuciños sobre a mesma agochada terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario