martes, 23 de mayo de 2017

Vergoña.

Dixéronme que só me podía anoxar. 
Dixéronme que non podía chorar. 
Que os meus sentimentos entraban no abano dual da luxuria e da brutalidade. 
Para ser un home non podía chorar, dicíanme. 
Non choran os homes: pois eles xogan, 
beben 
e foden. 

Esquécete de xogar con bonecas,
de utilizar patíns
de bailar - dicíanme- iso é de nenas.
Dixéronme que me tiñan que gustar o fútbol, os deportes en xeral 
e tamén o armamento militar. 
Que tiña que ser un tremendo depredador sexual.
Campeón! é o alcume que entre eles se dan. 
Presumir das miñas conquistas amorosas.
Ser o mais forte. Beber whisky a pau seco. 
Escoitei que me dicían -os moi cabróns-: 
sé un home. 
Sé un home. Loita, fode, bebe e come. 

Os homes son fortes e non choran. 
Non amosan os seus sentimentos.
E se o fas, maricón. 
Que o meu carallo ten que ser o máis vigoroso e robusto do país. 

E eles non se dan conta da vergoña que un 
pode sentir cando camiña pola rúa de noite
e ve a rapazas atemorizadas por se o individuo
que vai detrás delas pode facerlles dano. 
E non se decatan  
da vergoña deste concepto fascista de virilidade
ligada ao trato malvado.
De superioridade moral. 
E non queren ver mais aló 
da punta do seu enorme rabo. 
Da vergoña ter pirola. 
Da vergoña que os homes sexamos noxentos. 
Da vergoña non poder chorar.
Da vergoña ter que demostrar hombría 
por forza ou conquistas sexuais. 
Da vergoña non poder chorar.
Ser home, da moita vergoña. 
Os homes son salvadores, dicían.
Os homes non poden ser salvados. 
Son víctimas da súa maldade. 
Todos somos víctimas da maldade masculina. 
Quen salvará ao mundo dos homes? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario