Despois das densas néboas
que tinguiron o ceo
de pálido grisáceo,
o furacán,
cheo de forza e alevosía,
mudou
arrefriou
condensou
ou, directamente enmudeceu
por un tempo.
Ascenso en nubes delicadas.
O vento xirou de barlovento a sotavento.
As treboadas fuxiron
coa futilidade dos falsos xuramentos.
O vento acaricioume os beizos
e puiden sentir o vaivén
da brisa e os seus movementos.
E así, coma nun ascenso
raudo, veloz, meteórico
levado pola inercia
da falta de campo gravitatorio
-coma peonza xirando
desorbitadamente nunha
vía láctea ignota-
cheguei onda unha serea.
Cuspiume varios versos
e deixeime rabuñar polo
seu embigo.
De babor a estribor
sen sequera -ostias- saber
cómo cheguei ate alí.
Mais encarando a proa
deste novo convite
ante o mar da
paz cobizosa
da ferida que se está borrando
do desexo carnal que ascende
toda esta masa formal
e sendo -na unión de dúas
psiques
estructuras moleculares definidas-
a fodida aurora boreal
que se debuxa nas pupilas
nas galaxias
nas gorxas
e nas epifanías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario