Quero volverme
alento.
Beber do teu.
Ser o cazador
que baixo a lúa crecente
captura á besta que brama.
Ser catalizador da febre
nocturna que
me abafa,
me corrompe,
me fai pecar,
unindo o teu corpo co meu.
Temperatura ascendente,
estoura o termómetro
durante unha simbiose líquida
e hormonal.
Marvin Gaye insinúame
deixarme guiar por un instinto
plenamente primario.
Di que sigamos adiante.
Acepto o trato.
Un pacto belixerante
para unha batalla naval
na que non hai vencedor
nin vencido.
Así é como de branco
tínguese a oscuridade
desta noite.
Son o animal
que quere envolverse
espido
ca túa compaña
na túa roupa de cama.
Cambio a música
e a combinación de
Tame Impala e Arctic Monkeys
encéndeme por completo.
Casi tanto como
a túa mirada desafiante,
converxemos contra a pasionaria,
es a chama da candea
que vibra cos meus profundos
suspiros,
son a cera que te mantén prendida.
E así dánselle coces ao ceo,
explótase cos berros,
rise ante a cara da morte.
Mentres bailamos
esta serenata.
A máis ardente que protagonizaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario