Gústame, ás veces,
nas noites de verán,
de estatismo abafante,
sentarme e ollar ao ceo.
Á noite.
Á súa escuridade.
De maior beleza
e á vez, fraxilidade que
calquera outra cousa
vista polos meus ollos.
Coma un lobo que
se sinte totalmente cómodo
debaixo da súa prezada
lúa,
sentirme baixo o feitizo
da noite
unha das miles partículas
que conforman o todo que ela,
co seu manto de
embruxo brillante,
todo cobre.
Ollar cara todo o que
a miña vista alcanza, despois.
Saír do círculo
do narcisismo,
desenglobando o eu
e abrindo todos os sentido
ao resto de pequenas cousas
que me rodean.
Decatarme de que só
teño sentido,
cando sexa o
que me envolve
quen realmente o ten.
Unha sensación,
unha bocanada de aire fresco,
enchendo de verdade, de fondura, de sentido,
mediante a sinxeleza e o repouso,
os pasos, os pulmóns, a nosa existencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario