domingo, 12 de junio de 2016

Gañar coa derrota.

Pretendo agochar estas cicatrices.
Estas marcas.
Nas que de vez en cando 
me apetece furgar, levantar
a pel morta, putrefacta,
que xa estaba a curarse.
E, paradóxicamente,
profundizar dentro da ferida, tamén.
Asegurarme de que existirá por sempre.

Alonxar os ruídos xordos e
envolventes que me perseguen.
Golpes contra as miñas costas.
Tropezóns nos mesmos lugares.
De forma igual. Ou semellante. 

Atopar. Non agardar mais.
Asemella ser unha gran opción.
As fendeduras do tempo non 
son nada sen
a acción humana.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario