Nunca quixen,
que marcharas.
Que colleras as
maletas,
as historias,
as nosas.
Que as gardaras nun
caixón,
deixar que o tempo
as desgastase.
Pero era necesario.
Para saber que perdemos.
Que eu te perdín,
e que ti
me perdeches.
Moito antes do que
nós
percibíramos.
Porque foi moi
perigoso
dicirche
"Necesítote", comigo.
Foi velenoso, contaminante.
Decatarme de que as
relacións humanas,
son virus
se non se lles atopan
a cura a tempo.
Pero era necesario
golpearse coa cara no chan,
asumir a realidade
en lugar de finxir un día máis
unha ficción que se
ía facendo máis absurda,
burda, rocambolesca,
cansada.
E, xustamente esa foi
a salvación. A miña polo menos.
Verte marchar.
Portar as nosas historias
dentro do corazón,
da memoria.
Partilas para saber, que a despedida,
era a mellor alternativa.
Belleza que desgarra con elegancia...
ResponderEliminar