So queda...
Rexurdir, rexurdir
como a Ave Fénix
das súas
cinzas.
Levantarse
despois da caída,
do desastre,
da falta imperdonable.
Coller os folgos,
refacerse,
recrearse,
retorcerse con esta
carraxe de cartílago
coberto de marfil aplomado,
deste desánimo
desta desaparición,
deste adeus,
despido e
falta improcedente.
Buscar sorrisos
onde no soen aparecer,
loitar contra esta
repulsa á
soidade.
Recompoñer eses
pequenos anacos do meu ser
anterior,
que non casan,
con quen tentaba
ser,
ondeando unha bandeira
na loita polo eu.
E, atopar, de novo
o eu, o meu
eu.
Incorrompíbel,
a partires deste
mismo instante.
Son eu o que decide,
dende agora,
quén cura as miñas feridas,
orixinadas polo devir das
impestuosas circunstancias
desta vida,
se eu
ou o tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario