Dime como che da aínda por seguir esta sombra,
por permanecer pegada aos meus pasos,
por evitar que esvare.
Que xa fai un tempo que nos coñecemos
e sendo así, uns perfectos descoñecidos
coqueteando a coñecerse,
segues aquí.
E non marchas.
E estou encantado diso.
Porque es compañeira de viaxe,
porque es apoio incansable,
porque mécesme neste sono que de momento e inesgotable.
E así, como somos,
dous descoñecidos,
facéndonos preguntas bobas pero cheas de sentido,
pasamos as noites espidos
e eu, de vez en cando,
aínda me abraio, de que sigas estando aquí comigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario