Recapitulando os intres da nostalxia.
Wish you were here a todo volume,
furando os tímpanos, así sen pensar.
Sen pensar mais.
Recapitulando o pasado lastrando ao futuro,
co presente mermado, tintado de azul escuro.
Recapitulo o Let it Be en Sheffield.
Bicos en lingua estranxeira.
A primeira probatura desa droga agridoce.
Recapitulo o 31 de decembro, ano 2011.
Porlle cara á vegoña, á humillación
á dor a gatas dentro do salón.
Saber que se pode ser moi fillodeputa.
Recapitulo Let it loose facendo ruxir á besta,
coiro de pita e nó por dentro do corpo.
Recapitulo noites de desenfreno con regusto
a vodka, tequila e demais
bailando cos compadres nalgún sucio local.
Recapitulo a primeira marcha fúnebre que seguín,
recapitulo canutos e Extremoduro,
recapitulo o disparo mais certero da anguria
que recibín cando a decepción me invadiu.
Recollo os anacos desta alma vagabunda
para saber de onde carallo veño e non vagar moribundo.
Mais nada acontece, o tempo mengua este espírito.
A planitude das banais e inertes cousas
agardando polo fráxil devir das mesmas.
Nada pasa. Só o tempo. Que arrasa e traspasa
as barreiras desta insana cordura.
As estelas do pasado son espellismos.
Algunhas amargas, hai algunhas picantes,
gardo bo recordo das doces.
Os amores que acabaron na morgue,
o florecemento dos lirios no corazón
e as noites de desvelo fodendo.
E así será a vida. Iso din.
De que pasa e non mais. Iso din.
Din.
Que vai de perder, perdendo despois de perder.
Volvendo a perder. E eventualamente gañar.
Pero xa non queda claro se se gaña perdendo
ou se se perde gañando.
Perderase, gañarase. Todo pasará.
Os sucesos están humanizados: nacen, medran, morren.
O amor, porén, reprodúcese e nos reproduce.
Reproducíndonos, outras veces non.
Tanto ten todo, nada importa.
Importa ben todo, nada da o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario