Pretendín ver no lume da cálida lareira
aos ancestros,
pero só atopei pantasmas
reflexo de medo e inquedanza.
Agorafobia intrapersoal.
O terreo do confort
estaba edificado na ausencia
dunha aperta
e así medrei
cal figura de pedra sedimentaria.
Diluído ante cada nimia adversidade.
Cuestionando qué é un fogar,
cales son os seus nexos de unión,
mentres a miña fisionomía
foi rota e reconstruída con argamasa.
Só queda observar no espello
e cando o meu reflexo
pálido
devolva unha mirada perdida,
responderlle cun leve aceno.
E o intento do pensamento subterfuxio
de non ser a mímese que me persegue
todas as noites.
No hay comentarios:
Publicar un comentario