Son o patético
desexador do todo
e temeroso evitador
da asolagación da nada.
Trastornado de maquinaria intelectual.
Ofrezo algo puro,
cristalino
e moi prezado.
O meu peito aberto en canle.
As miñas entrañas en plena combustión.
Son un can, desgraciadamente fiel,
que non busca mais tesouro
que o mesmo que agasallo.
Rexeito dobres xogos
cos que a xente se divirte.
Sen entender nunca cómo
se pode ter vontade
por ferir ao semellante.
Droga que me nego a probar.
Mentira, puñada, dor.
Profundo pozo sen saída,
decepción golpe baixo e duro.
Fódeme,
insúltame,
quéreme,
ódiame,
abrázame,
arríncame a pel a tiras se queres.
Pero non teñas unha máscara.
Tírame pedras se é o teu pasatempo ideal,
íspeme se a ti che gusta que te ispan.
Non te vistas de seda,
móstrate en coiros,
porque estar en pelotas,
é o meu reto mais difícil de pasar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario