Ás veces penso.
Penso naquelas persoas
que compartiron un trociño
de vida
comigo.
Mesmo penso se elas
pensan en min,
se se lembran de min
da mesma forma que
eu me lembro de
elas.
Penso na estraneza que me
provocan agora
aquelas persoas que
no seu tempo,
estiveron moi preto de min.
Penso en min,
nas miñas barruntas
existencias.
No día da miña morte.
No día que voarei
que fuxirei
que escaparei
do medo.
Penso en quen estará alí comigo,
e en quen me decepcionará.
Si, penso tamén na decepción
que vivín ata agora.
Penso nas accións que teño feito
e se tendo feitas outras,
pensar onde estaría.
Penso nas persoas que me rodean,
a sociedade,
ese vil xogo de egos
que pretenden aplastar contra
o chan
o que lle rodea.
Nas multinacionais, os cartos,
os pobres, o sistema cíclico
podre que nos domina
que non deixa de retroalimentarse
e que cada ano,
mes,
día,
minuto,
segundo,
vaise fortalecendo
máis e máis.
Penso en camiños utópicos.
En outras formas de achar
felicidade,
liberdade.
Penso no amor,
así como no desamor.
Penso na perda do querido.
Do amado.
Penso na perda, como dor e
como salvación
ao mesmo tempo.
Penso no san misticismo
que rodea á vida.
Como un abrazo feito
de magma volcánico que funde
o material ao inmaterial,
como a corda
que nos salva do afundimento.
Penso, non deixo de
facelo
continuamente.
Creo os meus mundos
ideais
irreais
as miñas fantasías...
na miña psique.
A frustración está servida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario