sábado, 28 de mayo de 2016

Cara de perro.

Aquel cadelo, negro,
abandonado
o da esquina
é o exemplo
da insatisfacción vital
do impulso retido,
da carraxe acumulada.

A imaxe da
desesperación,
da chamada urxente ignorada,
do perdón inexistente,
xordo,
non atendido.

Vagaba polas rúas,
escapando dun triste lugar,
pero non dunha triste vida.
De golpes.
De atropelos. 

Aínda así, él seguía alí.
No seu recuncho esquinado.
Pouco mais tiña que facer.
Ate o final.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario