E xusto aquí, mentres o insomnio me escolleu a min
podo ver como fuxes mais aló do marco de Morfeo
como cabalgas polo aire de materialidade ficticia,
como danzas entre pó de estrela.
Mentres a quietude póusase
sobre o éxtase, sobre o pálpito.
Tamén así podo respirar.
Podo pensar.
Podo camiñar porque
o aire está fresco, a mente baleira e
as costas sen peso.
E ver como o raio transparente que me partiu -hai xa un tempo-
mantenme todavía grazas a ti no chan preto.
Sen sentir os mareos,
podendo soñar unha pizquiña mais do que debo e bebo.
Porque ti tendes os fíos do titiriteiro.
Porque ti tendes unha corda para non esnafrar os fociños no pavimento.
Aliméntome dentro da burbulla que ti creaches
e grazas a cal eu podo crer que floto polo ceo.
Sen ser tolo descarado desta vez,
senón cordo ben ataviado neste noso traxecto.
Con puñados de leccións aprendidas nos petos
e o corazón máis relaxado.
E decátome.
Decátome que tamén a paz está nos teus dedos,
que no teu ventre a calma vence ao impaciente desexo.
Que non todo é explosión, orgasmo e vértigo.
Tamén respiro e non retrocedo.
Respirar.
Respirar
mentres o insomnio me deixa na soidade que por ratos devezo
e non me deixa acompañarte mais aló do marco de Morfeo,
sen o material ficticio do que escapar dos lamentos.
Mentres o insomnio me acompaña e
as veces para observarte desexo,
cando ti xa non tes forzas para erguer o peito,
seguirei soñando desperto
para ver se polo menos podo describirte con algo de acerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario