miércoles, 16 de noviembre de 2016

Baixo os golpes.

Aseguro o medo,
a inquedanza.
O temor exacerbado
aos danos
dos coitelos posiblemente cravados
polos mais achegados. 

Aseguro tristura
pola mentira e
dos que a usan 
para maquillar a faciana. 
Enmascarados os vexo
e levanto a barreira 
da protección dos datos. 

Aseguro que vivo
buscando o dano
co vicio propio
de fallarme a min mesmo. 
Harakiri de cabeza a pes.
O sabotaxe
impulsivo
conscientemente inconsciente 
que me permito,
unha vez,
para autoafundirme e
nas proseguintes 
ser a man executora
dos puñais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario