lunes, 26 de septiembre de 2016

Sonata n° 4

Son amante teu, noite,
que me seduces,
que me atrapas,
que me raptas do sono.

Noite escura,
condensas dentro das brancas paredes alugadas
os pensamentos.
Devezo por ti mentres nubes me rodean, 
nubes densas
e Tom Waits esculpe cun cincel ronco 
as miñas noctámbulas penas.

Bebo cervexa barata
e me embriago
baixo o teu abrigo.
Colócome co fume
do que ti 
es testigo.

Home lobo son, a falta de pelaxe tupido
baixo o teu feitizo,
crendo que os amantes
atópanse casualmente 
dentro dos teus dominios.

E eu, noite, en plena soidade,
espero atopar nalgures
o bo camiño.
E de non atopalo, descoida,
atopareime contigo.

jueves, 22 de septiembre de 2016

Nebulosa ilusionadora

E ti, dama feiticeira
vas e ves
rabumbias a miña cabeza,
altérasme, elévasme 
mais aló da atmosfera
insuflando osíxeno activo
para cambiar do meu cerebro
a súa materia. 

Quédome prendido
cando a min te achegas,
dándolle forma e tinta
ás miñas noctámbulas penas. 

Pero tamén
quedo desilusionado
triste
confuso cando, 
non se cristaliza,
non lle das sentido ao papel
que deixas medio debuxado. 

Enches os meus pensamentos
de fondura, 
de sentido,
renovas a enerxía que sube e baixa.
Por ti, por revolverme e remexerme,
dama feiticeira,
musa que todo o compensa. 

jueves, 15 de septiembre de 2016

Simbiose.

Oprimo berros cando estás diante miña.
Anudo a boca do estómago
para así notar a palpitación do corazón
forte e constante.

Para gardalo nas costelas.
Para que non escape
para que non voe co vento
como pó que danza co aire. 

Sosteño o alento
para agudizar tacto e vista
e bucear na túa mirada.
Afundirme nela,
colocarme ca droga polvorenta 
que emana a túa presenza. 

Dorarme baixo ese sol que 
tostou os teus cabelos, 
que camiña ao teu tempo 
e se fusiona coa túa aura. 
Sol eres, lúa son eu.
Alzado imperante esperanzante,
solpor feiticeiro. 

Branca é a túa alegría.
Orixinas o vínculo máis sagrado da vida. 



sábado, 10 de septiembre de 2016

Memoria de vinte días previos á vendimia.

Unha combinación
de verdes
impresionista
encheume a vista
e nutriume por dentro.
O meu Iris identificaba
os tonos iluminados
polas luces diúrnas
xunto cos verdes
máis escuros 
que se estaban a 
esconder da luminosidade. 

Escoitaba o fluxo
do líquido fundamental
escorregando 
sobre rochas
que xa fai tempo que 
levaban sedimentando.
Vidas milimétricas
establecían un
ecosistema, un
mundo,
ao redor do muíño
vello que os meus ollos
contemplaban.

Un verde cheo de matices,
do que eu era espectador,
sentado,ouvindo como
a brisa ruxía entre as follas
dos árbores. As miñas 
mans 
cheiraban a terra,
cheiraban a suor,
cheiraban a esas uvas
que estaban a madurar 
e pedían de maneira desesperada
ser desprovistas do seu manto
verdoso e abundante 
para bailar ao son
que o sol
lles marcaba.