Levo horas acumuladas
de esperas en estacións,
horas mortas en
habitacións pálidas,
vivindo nun horario
analóxico.
Desexando.
Durante tanto.
Buscando aquela
meta que tanto ansiaba,
pola que debecía
dunha forma impaciente.
E sinto que agora
estou preto dela.
O espellismo comeza a
tomar forma.
Estase construíndo
a ponte.
Tecendo o fío
no que facer
o meu traballado
número de equilibrismo.
Desta vez, sen rede
por debaixo. Decidido.
Sen medo.
Ou sen tanto medo
polo menos.
Sabendo que o erro
farame caer para despois
vencer.
Aprendendo que só
batendo cos fociños no chan,
acábase medrando.
Frustración,
espectro negro de vibracións
negativas,
nin ti es tan mala para non aceptarte
ni eu tan bo para qe non me abraces.
Levo léndote dende o primeiro día, emociónasme. Es moi bo, Jimmy, es un artista.
ResponderEliminarGrazas por ler, sexas quen sexas. De corazón.
Eliminar